Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LXXXVIII

VERTICAIS: 2. Fungo do filo dos ascomicetos, do que existen varias especies que poden ser parasitos da vide e outras plantas, sobre as que provocan unha enfermidade que as cobre dunha capa pulverulenta e abrancazada 3. Corda longa e grosa usada para suxeitar a carga do carro ou do remolque 4. Rexión xeográfica, histórica e cultural situada no extremo sur do Cono Sur de América, que politicamente comprende territorios do extremo sur de Arxentina e de Chile 9. Conxunto de peixes que van xuntos en gran número.

HORIZONTAIS: 1. Un dos ríos máis longos da Asia meridional que discorre polo subcontinente indio así como un dos máis longos do continente asiatico, é o máis importante de Paquistán e un dos principais da India (e que tamén percorre no seu curso alto a China) 5. Apelido do escultor galego, nado en fefiñans-Cambados-Pontevedra, considerado un dos renovadores da arte galega, e por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX 6. Planta perenne, alta, ergueita, que medra formando matos e os seus talos florais teñen unha altura de 60 a 120 cm, con importancia como planta forraxeira e de nome científico Dactylis glomerata 7. Capital de Uruguai 8. Peixe da familia dos clupeidos, de cor azul verdosa no lombo e prateada nos flancos e no ventre, que pode alcanzar os sesenta centímetros de lonxitude, vive en augas profundas, desova no curso baixo dos ríos e de nome científico Alosa alosa 10. Unidade de intensidade luminosa, cuxo símbolo é cd.

0 comentarios