CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XIII
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tay. É un río da vertente do mar do Norte, que nace nos Highlands e flúe cara abaixo no centro de Escocia atravesando as cidades de Perth e Dundee. É o río máis longo de Escocia e tamén é o río do Reino Unido con maior volume de descarga xa que conta cunha conca hidrográfica de aproximadamente 4.970 km².
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Se hai unha bebida que identifique a Escocia é o whisky, pero realmente que é?
- É unha bebida alcohólica e espirituosa obtida pola destilación da malta fermentada de cereais como cebada, trigo, centeo e millo.
- É unha bebida alcohólica, non destilada obtida pola fermentación de cereais como cebada, trigo, centeo e millo.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e mundowhiskey.com
0 comentarios