A ORIXA DAS PALABRAS: ERES MAÍS FEO QUE PICIO
Utilizamos a expresión “ser máis feo que Picio” cando nos referimos a algunha persoa que é extremadamente fea.
A súa orixe atópase na época de dominación napoleónica (1808-1813), cando Francisco Picio, un zapateiro natural da localidade granadina de Alhendín (España) foi condenado á morte.
Non se sabe de certo cal foi o delito do que o acusaron, pero foi condenado á morte, e xusto no momento que se atopaba a piques de recibir o castigo, estando en capela, comunicáronlle que a súa pena fora revogada.
Picio quedou en liberdade por tanto, pero debido á impresión que lle produciu o estar tan preto da morte o seu corpo empezou a transformarse.
Caeulle todo o pelo (cabeza, cellas…) e empezáronlle a saír vultos e quistes pola cabeza e a cara, que deformaron a súa fisionomía de forma atroz. O seu aspecto cambiou ostensiblemente, chamando a atención de todas as persoas que se cruzaban con el.
Dise que déronlle a unción sacramental cunha cana, polo asustado que estaba o párroco que impartía o sacramento, ao non querer arrimarse.
Pobre Picio!
FONTE: blogs.20minutos.es
0 comentarios