A ORIXE DAS PALABRAS: SUAR COMO UN PORCO
A frase “suar como un porco” é usada usualmente para referirse a alguén que está transpirando gran cantidade de suor, con todo, é coñecido que os porcos non súan debido a que non teñen glándulas sudoríparas, por iso tómbanse no lodo para manterse frescos. Sorprenderache saber entón, que esta coñecida frase non fai referencia ao animal no absoluto.
A referencia “suar como un porco” vén de Inglaterra e é a tradución directa de “sweating like pig”, con todo, esta non fai referencia ao animal, senón ao pig iron, que se traduce como arrabio, que é ferro fundido.
Os ingleses chamaron a este produto pig iron, xa que ao arrefriar o ferro en bruto cando se verte sobre moldes en forma de canles ramificados, que lembran a unha porca e os seus leitóns, aparecen pingas de auga condensada na súa superficie. Esa “sudoración” metálica era un sinal de que o ferro xa estaba o suficientemente frío como para manipulalo.
Así que cada ves que uses esta frase estarás a falar dun mineral en proceso de arrefriado, non do animal.
FONTE: elsiglodetorreon.com.mx e muyinteresante.okdiario.com Imaxes: fraseomania.blogspot.com, muyinteresante.okdiario.com e nairaland.com
0 comentarios