Blogia
vgomez

CHINA INAGURA A PONTE MÁS ALTA DO MUNDO: 625 METROS DE ALTITUDE

Inauguraron a ponte más alta do mundo: mide 625 metros / DangDai

A enxeñería moderna atopa desafíos permanentes e cada vez son máis as obras que apuntan a conectar dunha maneira moito máis eficaz, rápida e segura ás cidades. 

Neste aspecto, recentemente inaugurouse o que se coñece como a ponte máis alta de todo o mundo por ter un total de 625 metros de altitude.

Tras anos de traballos intensivos, o país asiático inaugurou a ponte sobre o Gran Cañón de Huajiang, unha estrutura monumental que redefine os límites da construción moderna e que xa é motivo de orgullo para millóns de cidadáns.

Esta colosal ponte, que tivo un investimento superior aos 200 millóns de dólares, non só conecta dúas rexións en tempo récord, senón que tamén se converteu nunha nova atracción turística que promete recibir visitantes de todos os recunchos do planeta.

A flamante ponte, situado na provincia montañosa de Guizhou, elévase nada menos que 625 metros sobre o río Beipan. Con esta altura, pasou a ser a ponte máis alta do mundo, superando ao anterior récord, outra ponte situada a uns 100 quilómetros, que fora inaugurado en 2016 con 565,4 metros.

A nova estrutura tamén marca un fito pola súa luz principal de 1.420 metros, o que o converte na ponte colgante de vigas de aceiro con maior luz en terreo montañoso a nivel global.

Grazas a esta conexión, o que antes implicaba unha viaxe de dúas horas, agora pode facerse en menos de 30 minutos, transformando a mobilidade nunha das rexións máis complexas do país.

Pola súa banda, os enxeñeiros detrás do proxecto recorreron a tecnoloxía de última xeración para afrontar o desafío, o cal incluíu sistemas de navegación satelital, drons, materiais ultrarresistentes e plataformas de control intelixente permitiron lograr unha precisión case cirúrxica durante as obras e a estrutura de aceiro e formigón.

Así mesmo, o resultado é unha infraestrutura que non só impacta polo seu tamaño, senón tamén pola súa seguridade e eficiencia para os condutores, permitindo un maior fluxo de tránsito na rexión.

0 comentarios