Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CABO VERDE? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Senegal. Como curiosidade a península de Cabo Verde é unha península do Senegal e a parte máis occidental do continente africano. Trátase dun promontorio rochoso que se estende desde as zonas areosas do Senegal. A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Macaronesia é o nome colectivo de arquipélagos do Atlántico Norte, máis ou menos próximos ao continente africano, entre os que está Cabo Verde. Cales son os restantes?

- Canarias, Azores e Madeira

- Madeira, Azores e Illas Salvaxes

- Illas Salvaxes, Azores, Madeira e Illas Canarias

Mañá a solución e una nova propos!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org  

0 comentarios