Facebook Twitter Google +1     Admin

COMO RECICLAR "COUSAS RARAS" DA CASA (III)

Publicado: 15/12/2015 08:12 por vgomez en ZONA VERDE
20151212200625-20151202072813-20151126174611-20130731123207-latas.jpg.bmp

 

Papel de aluminio: no colector amarelo, e para facilitar a súa reciclaxe é conveniente comprimilo nunha bóla.

Perchas: ao colector amarelo.

Pilas e baterías: as pilas pódense deixar en colectores específicos para iso en puntos de venda ou en puntos limpos. As baterías pódense depositar en talleres mecánicos autorizados e en puntos limpos.

Plásticos "duros": marcos, cadros, caixas duras de triángulos de estrada, ferramentas, cubos ou barreños e cartóns de crédito, ao colector de lixo verde.

Produtos de limpeza, beleza e aseo: ao colector amarelo van aerosois, ambientadores, insecticidas, botellas de lixivia, amoníaco, limpa-fogar, tubos de pastas de dentes, envases do dosificador de xabón, lacas, escumas moldeadores, xeles, champús, acondicionadores, cremas, pintalabios, rímel ou vaselina. Ao do lixo verde van téxtil sanitario (cueiros, compresas, etc.), maquinillas de afeitar, cepillos de dentes, preservativos, etc.

Produtos mesturados: sobres de papel con portelo de plástico, ou calquera outro con mestura de materiais reciclables, deben separarse para deixalos no colector correspondente.

Restos animais: as feces de animais non se poden compostar, así que deben ir ao colector do lixo verde.

Roupa: diversas ONG e empresas poñen a disposición dos cidadáns colectores para roupa usada que reutilizan ou ben aproveitan como material para facer outros produtos.

Tapóns: as chapas metálicas das botellas, as tapas plásticas dos vasos de papel de hostalería, os tapóns de plástico ou de cortiza sintética van ao amarelo; os de cortiza natural, ao do lixo verde. Algunhas iniciativas puxeron en marcha campañas de recollida de tapóns de plástico para a súa reciclaxe con fins solidarios.

Parafusos e similares: ao ounto limpo ou ao colector do lixo verde.

Vaixelas: vasos ou pratos de cristal ou cerámica, ao colector do lixo verde.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.