Facebook Twitter Google +1     Admin

CERVANTES XA ESTÁ NO ESPAZO

Publicado: 16/12/2015 07:59 por vgomez en CURIOSIDADES
20151216000926-1439396303-809318-1439399777-noticia-normal.jpg

 

Dende onte, Cervantes xa dá nome a unha estrela, e  o Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea aos catro planetas que a orbitan. A proposta cervantina resultou vencedora no concurso NameExoWorlds da Unión Astronómica Internacional (IAU) no que se votaron propostas de todo o mundo para nomear 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos.

 A proposta "Estrela Cervantes" competía con outras seis opcións de diversos países (Portugal, Italia, Colombia e Xapón) para renombrar o sistema planetario μ (lido "mu") Arae, situado a 49,8 anos luz de distancia na constelación Ara (o altar).

Desde o 12 de agosto e ata o 31 de outubro estiveron abertas as votacións a través de internet, para todo o mundo e coa única limitación dun voto por dispositivo (computador, teléfono, tableta).

Aínda que as civilizacións puxeron nomes aos astros durante milenios, a IAU é actualmente a autoridade responsable para asignar nomes oficiais aos obxectos celestes. O concurso NameExoWorlds proporcionou a primeira oportunidade para que o público en xeral poña nomes a exoplanetas e as súas estrelas. Os nomes gañadores poderán ser usados libremente en paralelo coa nomenclatura científica xa existente, dando o crédito adecuado ás organizacións que os propuxeron.

Coas votacións finalizadas o 31 de outubro de 2015, un total de 573.242 votos contribuíron a dar nome a 31 exoplanetas e a 14 estrelas anfitrioas máis aló do noso Sistema Solar. As organizacións que propuxeron os nomes gañadores serán galardoadas cunha placa conmemorativa pola súa contribución á astronomía, e daráselles a emocionante oportunidade de dar nome a un corpo menor do Sistema Solar (un asteroide).

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.