O ESCARAVELLO PELOTEIRO ASTRÓNOMO
O escaravelllo peloteiro é o primeiro animal en orientarse coa Vía Láctea / Emily Baird
Os escaravellos peloteiros non están sempre co fociño nas súas bólas de excrementos. Saben tamén mirar ao ceo. Un equipo de científicos suecos e sudafricanos descubríu os extraordinarios dotes "astronómicos" destes coleópteros. Para orientarse ao trasladar as súas bólas de excremento, non só usan o Sol, a Lúa e a luz das estrelas, senón tamén o brillo da Vía Láctea, unha habilidade que ata agora xamais se observara nun insecto.
Este descubrimento, publicado na revista Current Biology, demostra que os bailes orientativos que realizan sobre as súas bólas de excrementos teñen unha explicación. De noite, cando encontran a luz das estrelas ou o brillo da Vía Láctea, son capaces de manter un percorrido directo e recto. Nas noites anubradas, non obstante, son incapaces de orientarse.
Nos experimentos, os científicos deron "gorras" aos escaravellos para que fosen incapaces de ver a luz. Os escaravellos reaccionaron subindo ás súas bólas de excremento e realizando o seu caraterístico "baile" de orientación, en busca desa luz que lles faltaba.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios