Blogia
vgomez

BOLBORETAS VIII

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

7. Bolboreta tornasolada

A bolboreta tornasolada (Apatura iris) é unha fermosa bolboreta da familia Nymphalidae. Atópase ao longo de Europa central e occidental, chegando a súa distribución ata o norte da Península Ibérica, incluída Galicia.

Os adultos da Apatura iris caracterízanse polas súas ás marróns con liñas brancas e cun pequeno anel laranxa situado nas ás secundarias. As bolboretas macho caracterízanse polo brillo violeta das súas ás, brillo do que as femias carecen. As eirugas da especie son de cor verde, con pintas brancas e amarelas, e caracterízanse polos seus dous grandes cornos.

Como curiosidade destaca que os machos desta especie senten atraídos por cheiros tan pouco agradables para nós como a suor, os excrementos humanos e o alcatrán requentado.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  gl.wikipedias.org        Imaxe: Kristian Peters/gl.wikipedia.org

0 comentarios