Blogia
vgomez

AS CINCO NOVAS AVES DO ESTEIRO DO MIÑO

AS CINCO NOVAS AVES DO ESTEIRO DO MIÑO

Imaxe das cinco "novas" aves do Esteiro do Miño / Imaxe: anabam.org

Logo de 30 anos recollendo datos da presenza de aves no Esteiro do Miño, ANABAM sinala que a ornitoloxía da zona mudou en certas especies e, sobre todo, no número delas. Nun recente artigo pubicado na súa páxina web, trataron sobre estas aves "novas" deste espazo natural e que son as que aparecen fotografadas arriba. Así o reseñaban:

Ata finais do século XX, esas cinco aves deixábanse ver esporadicamente polo Esteiro do Miño, o cal constituía, para os que nos dedicabamos a observar aves acuáticas, un motivo de ledicia por ver estas rarezas pola zona. Pero, finalizando a década, algunhas xa se fixeron asiduas visitantes, de tal xeito que tódolos anos aparecían, aparecen, nos nosos censos. Neste caso están o mergullón orelleiroa tartaraña arpella e o cullereiro. No caso do cullereiro, adoita estar no Esteiro do Miño dende un par de semanas ata máis dun mes. O mergullón orelleiro vese toda a tempada, isto é, dende outubro ata febreiro/marzo. A tartaraña arpella é un caso excepcional, pois xa permanece con nós todo o ano e non so iso, senón que aniña nas inmediacións o que constitúe un dato moi valioso xa que esta ave ten escasas áreas de nidificación na Península Ibérica.

A partir do ano 2008 dúas novas especies, que como dixemos visitaban esporadicamente o Esteiro, se convirten en novas inquilinnas deste humedal internacional. Son a aguia peixeira e a graza branca. A garza branca vese durante toda a tempada ornitolóxica, isto é dende setembro ata marzo, mentres que a aguia peixeira case que todo o ano, polo que non nos extranaría que esta última acabase tamén por aniñar neste enclave.

Das cinco especies citadas, a que chega a ser máis numerosa é o mergullón orelleiro, ave de tamaño pequeno. O número de individuos pode chegar a rebasar os 30 exemplares, aínda que a media está nos 7 individuos. Aguia peixeira, tartaraña arpella e garza branca andan polos 2-3 exemplares de media e o cullereiro é moi variable, dende un a dez individuos, segundo os anos, aínda que habitualmente non exceden dos cinco exemplares.

 Aguia peixeira e tartaraña arpella son as que máis superficie percorren, practicamente toda a zona de censo, ou sexa, dente a ponte internacional da Amizade (Goián-Vilanova de Cerveira) ata a desembocadura, aínda que mesmo suben río arriba e a aguia peixeira chega a saír cara ao mar. O mergullón orelleiro móvese fundamentalmente nas augas da parte baixa do Esteiro. A garza branca pode verse principalmente nas marxes da parte media baixa do Esteiro, zonas de xunqueira e os cullereiros teñen certa preferencia polo sapal do Coura, na marxe portuguesa, aínda que tamén achéganse á ribeira galega.

FONTE:anabam.org

1 comentario

raúl m -

es algo muy interesante