MATERIA ORGÁNICA ORIXINARIA DE MARTE
Retrato do Curiosity en Marte / Imaxe: NASA
A materia orgánica detectada polo rover Curiosity en Marte non é probablemente debida á contaminación traída dende a Teerra, como os investigadores pensaron nun principio.
Un equipo de científicos alemáns e británicos suxiren que un composto gasoso con cloro orgánico (clorometano) atopado no planeta vermello ven do chan de Marte, con carbono e hidróxeno probablemente derivado dos meteoritos que caeron sobre a superficie do planeta.
Esta hipótese fundaméntase nas medicións de isótopos realizadas polos científicos nas que se replicaron algúns dos experimentos do módulo de aterraxe en Marte. Nestas investigacións utilizáronse mostras dun meteorito de hai 4.600 millóns de anos que caeu en Australia en 1969. Os resultados diste estudo foron publicados na Scientific Reports.
A cuestión de se hai materia orgánica en Marte, un requisito esencial para a vida niste planeta, foi debatida pola comunidade científica durante moito tempo. Para abordar esta cuestión, o rover Curiosity da NASA, que aterrou en Marte en agosto de 2012, ten levado a cabo investigacións sobre o chan marciano. Ao quentar mostras do chan foron detectadas e identificadas moléculas orgánicas simples polos sistemas de medición a bordo.
Curiosamente iste tipo de material orgánico tamén foi identificado en experimentos anteriores durante a misión Viking en 1976, pero o composto considerouse, daquela, un contaminante terrestre.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios