OS DINOSAURIOS, ANIMAIS CON SORTE.
A revista Science publica un estudo dun equipo de científicos do Museo Americano de Historia Natural da Universidade de Columbia (Nueva York) e do Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Bristol (Reino Unido). Este grupo de investigadores estudiaron unha serie de fósiles co obxectivo de determinar a relación entre a evolución dos dinosaurios e os seus principais competidores, os arcosaurios crurotarsais, durante o Triásico tardío, hai uns 200 millóns de anos.
Segundo o estudo os dinosauros a diferenza dos «arcosaurios» -de onde proceden os crocodilos, outros réptiles e as aves- sobreviviron durante millóns de anos na Terra, porque tiveron sorte. As conclusións do estudo apuntan que os arcosaurios crurotarsais morreron por casualidade e non como resultado dunha sustitución por competencia.Tamén indícase que os dinosaurios, pola súa parte, non estaban predestinados ao éxito, senón que máis ben beneficiáronse da extinción del primer grupo.
Para poñer a proba estas teorías, os científicos mediron a evolución en ámbolos dous grupos. Basados nos datos recollidos de 437 esqueletes de 64 especies de dinosaurios e crurotarsais e en novos árbores filoxenéticos, desenvolveron dous cálculos para analizar os seus patróns evolutivos: tasas evolutivas e disparidade morfolóxica.
0 comentarios