Blogia
vgomez

SEMPRE ESTIVO AÍ

SEMPRE ESTIVO AÍ

Ilustración do exoplaneta Gliese 581d / Queen Mary U.

Chámase Gliese 581 d e orbita arredor da estrela Gliese 581, unha anana vermella situada a 20 anos luz da Terra, xunto a outros cinco mundos, algúns deles tamén moi interesantes. O planeta extrasolar foi descuberto en 2009 por investigadores da Universidade Queen Mary de Londres e de Hertfordshire, os cales presentárono como a primeira superterra achada en zona habitable, é dicir, un mundo dun tamaño algo superior ao noso que se encontra á distancia axeitada da súa estrela como para conter auga líquida na súa superficie, unha condición indispensable para a existencia de vida tal e como a coñecemos.

O candidato a planeta foi descuberto usando un espectrómetro que mide a «oscilación», pequenos cambios na lonxitude de onda da luz emitida por unha estrela, causados cando un planeta orbita ao seu arredor. Non obstante, un informe publicado o pasado ano na revista Science desestimou a existencia deste planeta, considerando que o que vían os astrónomos non era máis que “actividade estelar disfrazada de planeta”. Ao seu xuízo, o suposto mundo era en realidade ruído nos datos causado por manchas estelares.

Os “pais” do “d” non teñen achantado, insisten en que o seu planeta existe e aseguran que as conclusións dos seus colegas foron provocadas por unha análise inadecuadas dos datos.Utilizando un modelo máis preciso nos datos existentes, os investigadores están convencidos de que o sinal de GJ 581d é real, a pesar da variabilidade estelar.

A estrela Gliese 581 é unha fonte de achados para os cazadores de planetas, pero tamén unha fonte de polémica. En 2010, astrónomos das Universidades de California e Santa Cruz e do Instituto Carnegie de Washington anunciaron o descubrimento do primeiro planeta «realmente habitable» fóra do noso Sistema Solar, o planeta «gr», outro dos seis mundos coñecidos do sistema. Como aconteceu co seu irmán «d», o «gr» tamén foi posto en dúbida apenas unhas semanas despois de ser anunciado oficalmente, pero, tamén da mesma forma, o equipo descubridor volveu para achegar novos datos que parecían confirmar a súa existencia. Sen dúbida.

Gliese non deixará de dar sorpresas!

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios