DÍA FORESTAL MUNDIAL
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o DÍA FORESTAL MUNDIAL, data elexida pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971.
Con esta celebración preténdese reclamar a atención sobre os nosos bosques e fragas que aportan bens e servizos fundamentais e contribúen a asegurar a alimentación, a auga e o aire limpo. Ademais, protexen o solo e son fundamentais para lograr un desenvolvemento sostible.
Nesta data, a nivel galego, preténdese incidir no principal inimigo dos nosos bosques: os incendios forestais. Todos estamos chamados a evitalos!
Conserva e disfruta dos bosques!
0 comentarios