Facebook Twitter Google +1     Admin

 

O Observatorio de Dinámica Solar da NASA (SDO) captou unha impresionante fervenza de arcos magnéticos, que podedes ver no vídeo superior.

Un filamento solar escuro por encima da superficie do Sol volveuse inestable e estalou entre o 16 e 17 de decembro de 2015, producindo unha fervenza de arcos magnéticos. Unha pequena erupción da parte superior dereita do filamento probablemente está relacionada co seu colapso, informa a páxina web da NASA. Os arcos de material solar brillan debido a que emiten luz en lonxitudes de onda ultravioleta extrema, destacando as partículas cargadas que viran ao longo de liñas do campo magnético do Sol. Este vídeo foi tomado en lonxitudes de onda ultravioleta extrema de 193 angstroms, que é un tipo de luz que normalmente é invisible aos nosos ollos, e no vídeo aparece en tons bronce.

FONTE: RT/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.