Facebook Twitter Google +1     Admin
20160127085439-ra.jpg

Os cágados da ra Frankixalus descubierta na India 7 Altaf Qadri AP

Durante máis dun século, creuse que unha especie de ras arbóreas, descuberta por un naturalista británico en 1870 e que se atopa exposta no Museo de Historia Natural de Londres, estaba extinta. Ata agora. Un grupo de científicos, encabezado polo indio Sathyabhama Dás Biju, redescubriu ás ras, ás que chamaron “Frankixalus”,  en distintos puntos das selvas do nordés de India. Ademais, cren que poderían estar a habitar nunha ampla franxa de China e Tailandia.

As ras foron achadas en catro rexións de India situadas a unha gran altura, pero onde algunhas áreas forestais xa foran talladas e queimadas en 2014 para o desenvolvemento agrícola, o asentamento humano e a construción de estradas. Ademais, o desenvolvemento económico da última década no país do sur de Asia tamén propiciou o aumento da contaminación á que esta especie é especialmente sensible.

O achado produciuse de casualidade. O científico relatou que o seu equipo levaba buscando outros anfibios desde 2007 cando, unha noite, escoitaron "unha orquestra musical que chegaba das copas das árbores". Observaron o fenómeno e estudaron o aspecto exterior das ras e as características do seu esqueleto, pero non foi ata que secuenciaron o seu código xenético cando confirmaron que se trataba dun novo xénero. E, sorprendentemente, descubriron que posuían o mesmo ADN que outras ras provenientes de China baixo unha identidade equivocada.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.