SUPERLÚA
Superlúa / Imaxe: Xornal El Mundo
Hoxe, poderemos ver a lúa un 14% máis grande e 30 % máis luminosa que unha media lúa corrente.
A orixe desta rareza explícase grazas á órbita elíptica da lúa. O noso satélite atoparase moi preto do punto da súa órbita máis próximo á Terra, 48.280 km máis preto que cando se atopa no punto máis afastado, chamado apoxeo.
Desta forma, o noso satélite está moito máis preto da Terra que habitualmente e recibe luz solar directamente que reflicte e fai que se vexa máis brillante e máis grande no noso ceo. Isto coñécese como Superlúa, ou máis tecnicamente, Lúa de perigeo.
Con todo, as superlúas son relativamente frecuentes. A última tivo lugar o pasado 16 de outubro e despois da gran superlúa deste 14 de hoxeo, teremos outra o próximo 14 de decembro. Pero a atención recae na de hoxe xa que se completará en aproximadamente dúas horas, o que alimentará a sensación de vela con maior tamaño.
Este evento que non se repetía desde xaneiro de 1948, non volverá estar tan preto da Terra ata o 25 de novembro de 2034.
Lamentablemente o pico da súa fase completa será ás 13:52 horas en España, en pleno día. Iso si, á noite, podernos vela, un chisco máis lonxe da Terra.
0 comentarios