Blogia
vgomez

A RA DA FACHADA DA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA

A RA DA FACHADA DA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA
A famosa ra da Universidade de Salamanca / Imaxe: domuspucelae.blogspot.com

 

Seguro que algunha vez fostes a Salamanca. Entre os moitos lugares a visitar, un dos máis emblematicos desa cidade é a fachada plateresca da súa Universidade. Alí atópase, despois dunha concienzuda búsqueda nos seus elementos pétreos, unha ra, o batracio máis reconocido pousado dende hai medio milenio sobre unha caveira.

Moitas foron, ao longo dos tempos, as posibles expliacións sobre a súa simboloxía, pero agora parece que o segredo chegou a esclarecerse definitivamente. O seu autor foi Benjamín García-Hernández , catedrático de Filoloxía Latina da Universidade Autónoma de Madrid, que publicou  "El desafío de la Rana de Salamanca: cuando la rana críe pelos" . Curioso título para unha sesuda investigación chea de rigor e orixinalidade na que, por momentos, a propia ra conta ao lector en primeira persoa os avatares da súa construcción e o por que da súa importancia. 

O autor sostén no seu relato que o conxunto da ra e a caveira sobre a que repousa pretende mandar unha mensaxe iconográfica para burlar desta maneria á Inquisición e engade un detalle que axuda a comprender a historia.

O elemento antropomorfo representa ao príncipe Juan, fillo dos Reis Católicos falecido en 1497 sen cumprir os 20 anos. Por tal motivo, ao chafarderismo popular rebautizou a peza como "Juanita" e, en recordo ao doutor Parra, quen tratou infructuosamente de salvar a vida do herdeiro da coroa, denominou "Parrita" á súa eterna compañeira animal que, apostada sobre a zona do coiro cabeludo, lanza ao mundo de maneira sutil a mensaxe de que, pese a que o conxunto da fachada pretende resucitar aos notables da época, a resurrección non é posible.

 

 

0 comentarios