Facebook Twitter Google +1     Admin

ERUPCIÓN DO VOLCÁN SAKURAJIMA

Publicado: 10/02/2016 11:01 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

O volcán Sakurajima, de 1.117 metros de altura, situado na baía Kagoshima do suroeste de Xapón, entrou en erupción moi virulenta nos pasados días. A Axencia Meteorolóxica de Xapón declarou o terceiro nivel de alerta, dun total de cinco, na área próxima, polo de que está prohibido o acceso da poboación á zona. A explosión volcánica xerou unha columna de fume de 2.200 metros de altura e emanacións de lava.

A erupción rexistrouse a 50 quilómetros da planta nuclear de Sendai, que non resultou afectada. Kyushu Electric Power, operadora da central, descartou que unha erupción a gran escala poida afectar ao normal funcionamento da planta.

O pasado agosto xa rexistrou este volcán varias erupciones de baixa intensidade pero que, con todo, obrigaron ás autoridades locais a evacuar á poboación de dous municipios próximos á montaña.

Xapón está situado no Anel de lume do Pacífico e conta con 110 volcáns activos. Aquí concéntranse varias zonas de subducción, o que provoca unha gran actividade sísmica e volcánica.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.