Blogia
vgomez

A PARTE AVENTUREIRA NA VIDA DE... SCOTT E AMUNDSEN

A PARTE AVENTUREIRA NA VIDA DE... SCOTT E AMUNDSEN

Scott (de pe, no centro) e o seu equipo no Polo Sur, despois de descubrir que Amundsen chegara antes / Imaxe: Henry Bowers

A carreira pola conquista do Polo sur é un dos episodios máis coñecidos da historia da exploración, e o momento culminante da que veu en chamarse a idade heroica da exploración antártica. Aquela competición histórica tivo gloria e traxedia; a primeira, para o noruegués Roald Amundsen, que gañou a competición e regresou triunfante a Europa. O seu opoñente, o británico Robert Falcon Scott, non só perdeu a carreira, senón tamén a vida.

Scott (6 de xuño de 1868 - 29 de marzo de 1912) era un oficial da mariña cando se presentou voluntario para liderar a expedición británica á Antártida; segundo os seus biógrafos, máis por un desexo de progresar na súa carreira que por vocación de exploración polar. A súa primeira viaxe, entre 1901 e 1904, logrou establecer un récord de latitude sur, pero sen conquistar o polo. No seu segundo intento en 1910, Scott atopouse enfrontado a un poderoso rival: Amundsen.

Amundsen (16 de xullo de 1872 - 18 de xuño de 1928). Era un mariño, de familia de mariños, que tamén contaba con experiencia antártica e que poucos anos antes abrira por primeira vez o paso do noroeste rodeando América polo Ártico. Amundsen cravaría a bandeira norueguesa no Polo sur o 14 de decembro de 1911.

A partida de Scott, atrasada polas decisións erróneas e o infortunio, foi sempre por detrás, e chegaría para descubrir o triunfo do seu rival o 17 de xaneiro de 1912. Amundsen logrou regresar sen problemas, mentres que Scott e os seus catro compañeiros sucumbiron ao esgotamento, a fame e o frío. Os seus corpos foron recuperados en novembro daquel ano.

FONTE: bbvaopenmind.com

0 comentarios