Facebook Twitter Google +1     Admin

SUPERNOVA CAPTADA POLA NASA

Publicado: 25/03/2016 07:51 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

O telescopio espacial Kepler captou por primeira vez a luz visible da onda expansiva causada por unha estrela estoupando. O estalido durou apenas 20 minutos e un equipo de científicos rescatouno das observacións almacenadas polo telescopio durante tres anos de vixilancia de 500 galaxias afastadas.

A estrela chámase KSN 2011d e está a 1.200 millóns de anos luz da Terra, segundo informou a NASA nun comunicado. O astro é unha superxigante vermella, 500 veces maior que o noso Sol e 20.000 veces máis brillante.

Este fenómeno, coñecido como supernova, sucede cando unha estrela queda sen o seu combustible principal, o hidróxeno. O núcleo do astro implosiona e produce unha onda expansiva que acaba rebentando a superficie.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.