Facebook Twitter Google +1     Admin

CINE: "ALTAMIRA"

Publicado: 03/04/2016 23:27 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20160403232516-altamira-cartel-6674.jpg

Cartel da película / Imaxe: lahiguera.net

Esta fin de semana chegou aos cines a plícula ALTAMIRA. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Altamira

Título Orixinal: Altamira

Xénero: Drama

Duración: 97 minutos

Nacionalidade: España-Francia

Ano: 2016

Productora: Morena Films

Director: Hugh Hudson

Guión: Olivia Hetreed, José Luis López-Linares

Música: Mark Knopfler, Evelyn Glennie

Fotografía: José Luis Alcaine

Reparto: Antonio Banderas, Rupert Everett, Golshifteh Farahani, Nicholas Farrell, Pierre Niney, Henry Goodman, Clément Sibony, Irene Escolar, Tristán Ulloa, Tábata Cerezo, Lluís Soler, Javier Laorden, Concha Hidalgo, Allegra Allen, Carlos Camino

Sinopse:1879. Entre os verdes outeiros e os picos rochosos da costa de Santander, María Sautuola, unha nena de 9 anos, e o seu pai, Marcelino, un arqueólogo afeccionado, descobren algo extraordinario que cambiará a historia da humanidade para sempre: as primeiras pinturas prehistóricas atopadas ata entón: uns impresionantes bisontes ao galope trazados con gran detalle. Pero a nai de María, a doce e devota Conchita, non é a única perturbada por este descubrimento. A igrexa Católica considera que a afirmación de que as pinturas sexan obra de prehistóricos "salvaxes" é un ataque á verdade bíblica. E, sorprendentemente, a comunidade científica liderada polo prehistoriador Émile Cartailhac tamén acusa de fraude a Marcelino e ao seu descubrimento. O mundo idílico de María derrúbase e os seus intentos por axudar só empeoran as cousas. A familia entra nunha forte crise e pecha a cova. Será necesario todo o amor que se teñen para atopar o camiño cara á redención e o recoñecemento.

Fantásticas paisaxes, moi ben ambientada, excelente música e un plantexamento da historia real na que se enfronta a ciencia e relixión.

Eu acabo de vela e recoméndovola!

FONTE: Datos tomados de filmaffinity e estrenos de cine

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next