Facebook Twitter Google +1     Admin

 

As enfermidades raras son aquelas que teñen unha baixa incidencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada enfermidade específica só pode afectar a un número limitado de persoas. Concretamente, cando afecta a menos de 5 de cada 10.000 habitantes.

Con todo, as patoloxías pouco frecuentes afectan a un gran número de persoas, xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), existen preto de 7.000 enfermidades raras que afectan ao 7% da poboación mundial. En total, estímase que en España existen máis de 3 millóns de persoas con enfermidades pouco frecuentes.

Por esta razón, calquera persoa pode sufrir unha patoloxía pouco frecuente, en calquera etapa da vida, aínda que sempre é máis impactante nun neno e sobre todo cando nace con ela.

Este vídeo pretende a sensibilización sobre elas. Creado para a Fundación Mehuer a partir dunha idea orixinal da axencia creativa "Crepes&Texas" e baixo a dirección do actor, produtor e director Emilio Aragón.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next