ESTÁ PRÓXIMA A ERUPCION DO CAMPI FLEGREI?
É o segundo estudo en menos de dous anos que di o mesmo: Campi Flegrei, o maior supervolcán de Europa, que dorme baixo o sur de Italia, parece estar a se preparar para entrar en erupción. Se o fixese, a cidade de Nápoles, a só 9 quilómetros de distancia, estaría no medio da liña de lume.
Campi Flegrei, unha enorme caldeira volcánica que conta con 24 cráteres, moitos deles baixa a auga, desatou a súa furia por última vez hai case 500 anos, pero novas evidencias revelan que podería estar a espertar de novo.
A pesar diso, os investigadores insisten en que, por agora, non debe render o pánico entre os case dous millóns de habitantes da rexión. Nun estudo recentemente publicado en Science Advances, os investigadores escriben que "o sistema de tubaxes subvolcánicas de Campi Flegrei está actualmente entrando nunha nova fase de acumulación, que posiblemente culmine, nalgún momento indeterminado no futuro, nunha erupción de grandes proporcións".
Hai un ano e medio, en maio de 2017, investigadores italianos e británicos xa avisaban en Nature Communications de que, desde a pasada década dos 50, a caldeira "está a evolucionar cara a condicións máis favorables á erupción".
Segundo o último estudo, a análise de 23 erupciones previas suxire que o reservorio de magma na área de Campi Flegrei ten todo o aspecto de estar a entrar nunha nova fase de acumulación. Para chegar a estas conclusións, os investigadores analizaron diversos elementos en rochas, minerais e mostras de vidro de cada unha desas erupciones. Desta forma, puideron deducir os cambios críticos na temperatura magmática e o contido de auga ao longo da historia eruptiva da rexión.
Unha historia, por certo, nada tranquilizadora, que comeza cunha gran erupción hai 39.000 anos e continúa con outra de case as mesmas proporcións hai 15.000. Ademais, claro, doutras 21 erupciones "menores", a máis recente das cales, en 1538, tivo a forza suficiente como para crear unha nova montaña, que a partir de entón recibe o acertado nome de Monte Nuovo.
FONTE: Jose M. Nieves/abc.es/ciencia
0 comentarios