INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO VIII
Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.
8. O TELEFÉRICO
Leonardo Torres Quevedo (Cantabria, 1852 - Madrid, 1936), citado xa nesta serie, tamén consagrou a súa vida ao estudo de transbordadores, funiculares ou teleféricos. Estes proxectos presentounos sobre todo en Suíza, país moi interesado neste transporte pola súa orografía... pero o proxecto foi rexeitado. A piques de caducar a patente en 1903, retomou a idea: en 1907 construíu o primeiro transbordador apto para persoas no Monte Ulía de San Sebastián.
Pero é sen dúbida o Spanish Aerocar nas cataratas do Niágara, en Canadá, o que lle deu a maior fama nesta área de actividade, aínda que desde un punto de vista científico non sexa a máis importante (1914-1916).
Como curiosidade a experimentación de Torres Quevedo na área de transbordadores, funiculares ou teleféricos, comezou moi pronto durante a súa residencia no seu pobo natal, Molledo. Alí, en 1887, construíu na súa casa o primeiro transbordador, ao que chamou "transbordador de Portolín", para salvar un desnivel duns 40 metros: duns 200 metros de lonxitude e tracción animal, unha parella de vacas, e unha cadeira a modo de barquilla.
Mañá un novo invento!
FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia
0 comentarios