WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2018
A parella dourada de Marsel van Oosten / Wildlife Photographer of the Year
Afortunadamente, a conservación da biodiversidade da Terra é un tema que cada vez preocupa a máis persoas. A fotografía de natureza é unha arma excelente para mostrarnos as marabillas do noso planeta e pode, ademais, servir como plataforma para denunciar as ameazas á nosa contorna. Esta é a filosofía do Wildlife Photographer of the Year, que promove o traballo de fotógrafos tanto profesionais como amateurs e contén, ademais, unha categoría para premiar aos artistas máis novos.
Este ano o fotógrafo holandés Marsel van Oosten gañou o premio absoluto de Wildlife Photographer of the Year 2018 pola súa extraordinaria imaxe "A parella dourada", que mostra unha parella de monos dourados de nariz chata no bosque das Montañas de Qinling, en China, o único hábitat destes primates en perigo de extinción.
Se queres coñecer o resto de fotografías gañadoras das diferentes categorías preme AQUÍ.
FONTE: Victoria González/muyinteresante.es
0 comentarios