INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO VII
Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.
7. A CALCULADORA DIXITAL
Nos seus Ensaios sobre automática, o matemático Leonardo Torres Quevedo (Cantabria, 1852 - Madrid, 1936) formulou en 1914 o que no futuro sería unha nova rama da enxeñería: a automática. Neste Ensaios, desenvolve a teoría do que posteriormente será o seu aritmómetro: unha máquina electromecánica capaz de realizar cálculos de forma autónoma cun dispositivo de entrada de comandos (unha máquina de escribir), unha unidade de procesamento e rexistros de valores (un sistema de listóns, poleas, agullas, escobillas, electroimanes e conmutadores), e un dispositivo de saída (de novo unha máquina de escribir). É en definitiva o que "debería consagrar internacionalmente ao noso enxeñeiro como o inventor do primeiro computador no sentido actual da historia".
Mañá un novo invento!
FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia
0 comentarios