MICROHYLA NEPENTHICOLA

Microhyla nepenthicola / AP
Ata agora a ra máis pequena do mundo descuberta ata gora é a "Leutherodactylus iberia", cunha envergadura máxima de 10 milímetros, e que habita na illa de Cuba.
Pero agora parece que se saíu unha competidora. É a ra máis pequena coñecida ata agora de Asia, África e Europa. Trátase da "Microhyla nepenthicola". Este anfibio, descuberto por investigadores da Universidade de Malasia no ano 2004 no parque nacional de Kubah (Borneo) e feito público agora chega a medir entre 9 e 11 milímetros cando é adulta. As cores laranxa e vermello desta especie fana inconfundible, como podedes apreciar na fotografía superior. O seu nome débese á planta da que depende para dobrebivir: a "Nepenthes ampullaria".
0 comentarios