DESMONTANDO MITOS SOBRE OS ADOLESCENTES
Daniel J. Siegel é doutor en Medicina, profesor de Psiquiatría Clínica na Facultade de Medicina da Universidade de California nos Angeles, codirector do UCLA Mindful Awareness Research Center e director executivo do Mindsight Institute. Siegel é autor de bestsellers como "Ser pais conscientes", "Mindsight", a nova ciencia da transformación persoal e dun dos libros máis aclamados internacionalmente "The Developing Mind", cuxas propostas se aplicaron a programas educativos de todo o mundo. Na súa obra "Tormenta Cerebral", Daniel J. Siegel achega as claves para acabar con algúns dos mitos e falsas crenzas máis estendidas sobre a adolescencia. Desde unha visión positiva, Siegel afirma que a adolescencia é unha etapa moi especial, unha faísca emocional, un momento de conexión social, de procura do novo e con esencia creativa: “Os adolescentes teñen paixón, un sentimento de que todo importa. Teñen unha capacidade profunda de colaboración entre eles, e o valor de probar cousas novas”, destaca.
0 comentarios