Blogia
vgomez

O HORARIO ESPAÑOL

O HORARIO ESPAÑOL

Dierentes horarios no mundo / multiclock.softonic.com

Un fuso horario é unha das 24 áreas imaxinarias nas que se divide a Terra con respecto ao meridiano que se toma de referencia, o de Greenwich ,ou meridiano cero, situado en Londres, chamado tamén Tempo Universal Coordinado (UTC).

Polo tanto, cada 15º ao Leste é unha hora máis e cada 15º ao Oeste é unha hora menos. Todas as rexións que se encontran nun mesmo meridiano teñen un horario similar, e estas franxas establécense de norte a sur.

Por que entón España e Portugal que están no memo fuso horario temos horas distintas? Pois moi sinxelo, Franco adiantou unha hora os reloxos españois para estar en sintonía coa hora de Alemaña, polo que ata 1940 os reloxos de España marcaban unha hora menos que a actual e viviran acordes ao horario do meridiano cero. Por este motivo os españois temos unha hora máis que Portugal estando no mesmo fuso horario. España vai unha hora por diante do tempo solar en inverno e dúas horas durante o verán. Ademais, somos os únicos europeos que vivimos coa hora desaxustada con respecto ás horas de luz e de escuridade.

E Canarias? Eles si que teñen a hora de Portugal e Londres! A razón, un Real Decreto do 11 de febreiro de 1922 no que se estableceu que o servizo dos gobernos civil e militar, tribunais, correos, telégrafos, liñas de vapores e demais transportes e oficinas públicas se regulasen conforme ao tempo solar medio correspondente ao seu fuso horario, ou sexa, cunha hora de atraso en relación coa penínsular.

Non merecería unha modificación xa?

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios