Blogia
vgomez

COMO SERÁ A FIN DO UNIVERSO?

 

Timelapse of the future, do realizador e compositor John Boswell, coñecido polos seus vídeos en Youtube como melodysheep, permítenos  asomarnos a ise futuro, o percorrido do cosmos a través de trillóns de trillóns de trillóns de anos, ata a fin de todo, o momento en que "o tempo carece de sentido" porque, como di o vídeo, "nada sucede e nada sucederá, nunca máis" (Brian Cox).

Nos seus 30 minutos de duración difúndese moita información sobre o futuro do universo, percorrendo case todos os campos da astrofísica, polo que mentres se goza do visionado, pode asaltar unha pregunta: é cientificamente correcto todo o que vemos? Hai fenómenos cosmolóxicos moi difíciles de representar visualmente, pero polo menos é fiel á ciencia o que nos conta?

Contestando a esta pregunta o propio Boswell, que traballou para National Geographic ou Disney, admite que "hai unha dose moi saudable de licenza artística nesta peza". E engade: "O meu obxectivo é máis unha peza de reflexión, algo que che faga proxectarche emocionalmente sobre o futuro, en lugar dunha representación estritamente precisa". Nos comentarios do seu vídeo, o artista explica que primeiro elaborou a liña temporal, logo sinalou os puntos de inflexión na historia e comezou a traballar nas imaxes, a narración e a música ao redor deses puntos.

Sexa como sexa, unha interesante reflexión sobre o futuro!

FONTE: Javier Salas/Materia/elpais.com

0 comentarios