Facebook Twitter Google +1     Admin

ARSÉNICO E CANCRO

Publicado: 06/07/2016 08:10 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20160701081003-1467135035-604531-1467213563-noticia-normal.png

 

Científicos do Centro Nacional de Epidemiología detectaron unha “asociación estatística” entre a concentración de arsénico no chan e unha maior mortalidade por diferentes tipos de cancro en España. O elemento químico aparece en maior cantidade de maneira natural en chans de Galicia, Almería, Castelló, Asturias, Madrid e Lleida, entre outras rexións, aínda que a proximidade de industrias que emiten arsénico (como as centrais térmicas de carbón, as incineradoras e os fornos de fundición) eleva lixeiramente a súa concentración. O mapa non inclúe datos das illas Canarias nin Baleares, nin de Ceuta e Melilla.

O estudo, analizou máis de 860.000 mortes por cancro en case 8.000 municipios españois, ocorridas entre 1999 e 2008. A mortalidade por cancro de estómago, páncreas, pulmón, cerebro e linfoma non Hodgkin elévase nos lugares con niveis máis altos de arsénico. As concentracións deste metaloide obtivéronse do Atlas Geoquímico, unha obra elaborada polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España a partir da toma de mostras en 13.000 localizacións diferentes do país.

O seu estudo, publicado na revista especializada Environmental Science and Pollution Research, avalía o efecto da exposición ao arsénico sobre a mortalidade a nivel do municipio, non dun individuo.

O risco de morrer por un tipo concreto de cancro pode ser o dobre nunha rexión respecto doutra, aínda que o risco absoluto siga sendo pequeno. Factores como o consumo de tabaco, alcol e comida lixo son habitualmente moito máis decisivos. O feito de residir nun municipio con niveis de arsénico por encima da media “non implica que a súa localización espacial por si mesma orixine un cancro” manifestan os investigadores.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.