Facebook Twitter Google +1     Admin

BALEIRO CÓSMICO

Publicado: 15/08/2016 10:14 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20160808180254-160801210354-1-900x600-0.jpg

Faros cósmicos no centro da nosa galaxia / Imaxe: Universidade de Tokio

Localizar cefeidas, novas estrelas que emiten pulsos de brillo regularmente, é unha bendición para os astrónomos, xa que permiten medir as distancias cósmicas e establecer a distribución dos corpos celestes na nosa galaxia. E iso é precisamente o que tentaba un grupo internacional de científicos dirixidos polo profesor Noriyuki Matsunaga, da Universidade de Tokio: buscar “faros cósmicos” na rexión central da Vía Láctea.

Para iso, analizaron as observacións no rango de radiacións infravermellas tomadas polo Gran Telescopio Surafricano (SALT), capaz de penetrar nas minchas de po intergaláctico que habitualmente se interpoñen entre os observatorios e as estrelas. E que atoparon? Pois case nada nun espazo enorme, que se estendía 8.000 anos luz dende o núcleo da galaxia.

Isto indica que esa zona apenas contén astros novos (as cefeidas teñen entre 10 e 300 millóns de anos): é un deserto inerte. “Os resultados indican que non houbo formación significativa de estrelas alí durante centos de millóns de anos”, explicou o astrónomo italiano Giusseppe Bono, coautor do estudo, que foi publicado na revista Monthly Notices of the Royal Astronomical Society.

Os científicos suxiren que este descubrimento obrigaría a revisar a nosa visión da Vía Láctea.

FONTE: Pablo Colorado/Revista Muy Interesante/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.