Facebook Twitter Google +1     Admin

CINE: BEN-HUR

Publicado: 02/09/2016 08:30 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20160823083204-ben-hur-52389.jpg

 

Se houbo una película na miña infancia que me quedase gravada foi Ben-Hur, que periódicamente volvín a ver na TV nas épocas anuais de Semana Santa. Chega agora a nova versión da película de 1959, que á súa vez adapta a novela de Lewis Wallace “Ben-Hur: A Talle of the Christ” (1880). Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Ben-Hur

Ano: 2016

Duración: 124 min.

País:  Estados Unidos

Produtora: Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)/Paramount Pictures/Sean Daniel Company

Xénero: Drama/Cine épico

Director: Timur Bekmambetov

Guión: Keith R. Clarke, John Ridley

Música: Marco Beltrami

Fotografía: Oliver Wood

Reparto: Jack Huston, Toby Kebbell, Morgan Freeman, Rodrigo Santoro, Nazanin Boniadi, Pedro Pascal, Olivia Cooke, Ayelet Zurer, Sofia Black-D’Elia, Alisha Heng, Marwan Kenzari, Nico Toffoli

Sinopse: Judah Ben-Hur é un mozo nobre de Xerusalén que ten ideas opostas ás dos romanos. Polas súas diferenzas políticas, e por negarse a delatar ás persoas que se consideran inimigos do estado, Ben-Hur será falsamente acusado de traizón. O responsable desta traizón é o seu mellor amigo da infancia, Messala, tribuno do exército romano. Desposuído do seu título, separado da súa familia e de Esther, a muller á que ama, Ben-Hur terá que vivir como un escravo. Despois de sobrevivir varios anos no mar, Judah regresa á súa terra. Será entón cando decida buscar vinganza, e reclamar o que lle pertence.

Non mellora a orixinal!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.