A INTELIXENCIA ARTICIAL NECESITA PERFÍS DE HUMANIDADES
Que é a intelixencia artificial e como funciona? Quitarannos as máquinas o traballo? Que papel xogará a ética no futuro da tecnoloxía? Como se pode aplicar a intelixencia artificial á educación? Por que a intelixencia artificial necesita perfís de humanidades? Todas estas preguntas, e moitas máis, respóndeas Cristina Aranda, filóloga experta en intelixencia artificial. Segundo afirma: “A intelixencia artificial non che vai a quitar o traballo, pero si o fará unha persoa que entenda como funciona a intelixencia artificial”. E engade: “A intelixencia artificial está no noso día a día, depende de nós como utilizala de forma positiva en todos os ámbitos, como o da educación”.
Cristina Aranda é doutora en Lingüística Teórica e Aplicada pola Universidade Autónoma de Madrid e o Instituto Universitario de Investigación Ortega e Gasset. Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade Autónoma de Madrid. E que fai unha lingüista no mundo da tecnoloxía máis avanzada? O seu traballo céntrase no chamado “Procesamento da linguaxe natural”, que se basea en facer entender ás máquinas “o noso marabilloso, complexo e belo sistema de comunicación: a linguaxe humana”, explica. Tamén é cofundadora e líder de Mujeres Tech, unha entidade sen ánimo de lucro que promove a presenza de mulleres no ámbito dixital; e cofundadora de Big Onion, un equipo de solucionadores de tecnoloxía disruptiva (Data, Intelixencia Artificial e Blockchain, entre outras). É especialista en solucións tecnolóxicas aplicadas de Lingüística, innovación e transformación cultural de empresas.
0 comentarios