Facebook Twitter Google +1     Admin
20160830103735-sobrepobla-600x606.gif

Aumento poboación mundial en 2053 / Imaxe:www.xn--maanisima-m6a.com

Dos 7.400 millóns de humanos que hai sobre este planeta agora mesmo pasaremos a 10.000 no ano 2053. Ese terzo extra de humanos repartirase de forma moi desigual: a poboación asiática seguirá expandíndose pero a menor ritmo, así como a americana. Pero os dous extremos serán África, onde o número duplicarase, e Europa, con países como España, Alemaña ou Romanía que perderán ata o 20% da súa poboación. Estes son só algúns dos moitos datos do novo informe da Oficina de Referencia da Poboación (PRB).

O informe estima que en 2030 xa haberá 8.500 millóns de habitantes e, en 2050, a poboación crecería un 33% respecto da actual, ata os 9.900. Haberá que esperar tres anos máis para celebrar a cifra redonda dos 10.000 millóns.

Pero o máis interesante desta cifra será a súa distribución xeográfica e a pirámide da poboación. Moitos dos acontecementos sociais, procesos económicos, cataclismos humanos ou problemas políticos dependerán deses dous factores. Por exemplo, a proxección que apunta a que a poboación de África, en especial a subsahariana, dobrarase pasando desde os 1.203 millóns actuais ata os 2.527 a mediados dos 50 augura que a presión migratoria sobre Europa non vai descender.

Ao mesmo tempo, e de forma paradoxal, cada vez haberá menos europeos e máis vellos. Desde os Urales ata as costas de Irlanda, a poboación reducirase en 12 millóns de habitantes. Pero o global esconde grandes diferenzas. Así, mentres Alemaña e Ucraína perderán máis de nove millóns de cidadáns, Reino Unido e Francia gañarán ao redor de 10 millóns. Entre os países que máis perden están España, con 3,5 millóns de españois menos, ou Romanía, que perderá case o 30% da súa poboación.

O informe engade algún datos chamativos: A India, que xa case ten a mesma poboación que China, converterase no país máis poboado en 2050. España está entre os 10 países con menor taxa de fertilidade do mundo. Cada ano morren 5,2 millóns de nenos no mundo, só 65.000 nos países desenvolvidos.

Un gran problema ao que hai que ir buscándolle solución xa!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.