Facebook Twitter Google +1     Admin

HABEMUS, CRIOVOLCAN EN CERES

Publicado: 10/09/2016 07:50 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20160905121327-ahuna-0.jpg

 

Habemus criovolcán en Ceres. Así o cre un equipo de científicos da NASA, do centro de voo espacial Goddard, quen publicou que a montaña Ahuna Mons de Ceres é un criovolcán, isto é, un volcán de xeo e auga. Este descubrimento únese a outros segredos que saen á luz en seis estudos distintos publicados pola revista Science.

O planeta anano Ceres é o obxecto máis grande do cinto de asteroides situado entre Marte e xúpiter e a sonda Dawn foi enviada a recoller información sobre o mesmo. Os primeiros datos indican que este mundo de roca e xeo conta con cráteres, terreos gretados e outro tipo de pegadas de procesos xeolóxicos, incluídos os criovolcanes, moi pouco usuais no sistema solar.

Nos criovolcanes, a auga líquida sería como o maga ou lava dos volcáns terrestres e o xeo conformaría a roca. Coas imaxes da sonda Dawn, os científicos localizaron unha formación criovolcánica en Ceres chamada Ahuna Mons, unha montaña con forma de domo, base elíptica e zona superior cóncava.

Grazas a unha serie de modelos matemáticos, os expertos determinaron que este criovolcán, de 4 quilómetros de altura, formouse despois dos cráteres que o rodean, polo que a súa vida é relativamente recente.

Os sales de cloro poderían atoparse xunto ao xeo de auga baixo a superficie de Ceres e ser os responsables da actividade química que alzou Ahuna Mons sobre a superficie creando este volcán de xeo.

As outras investigacións revelaron auga xeada exposta sobre unha zona de menos dun quilómetro cadrado, rápidos refachos de vento solar interactuando co planeta anano, a presenza de minerais filosilicatos arcillosos con magnesio e amonio de forma uniforme por toda a superficie de Ceres ou que a súa capa externa non está feita exclusivamente de xeo ou de roca, senón dunha mestura de ambos.

FONTE: Sara Romero /Revista Muy Interesante/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.