Facebook Twitter Google +1     Admin

SETEMBRO INFERNAL

Publicado: 11/09/2016 10:45 por vgomez en ZONA VERDE
20160910082148-14733498931153-997x0.jpg

 

Xa é oficial. Non é cuestión de sacar conversacións banais en ascensores cotiáns, non é cuestión de percepcións persoais por posibles graxas acumuladas nas vacacións. Setembro de 2016 bateu récords en temperaturas máximas do mes en moitas cidades de España, e é obxectivamente o mes de setembro máis caloroso da historia rexistrada, que data desde o ano 1880 (que tamén é un turrón). O pasado luns 5 alcanzamos a sufocante temperatura de 45,5ºC en Cabezas de San Juan (Sevilla) e é o récord de temperatura histórico en Andalucía. Ademais, os datos da NASA móstrannos que todos os meses de 2016 bateron o récord da temperatura media a escala global máis alta da historia rexistrada, despois de que 2015 fose o ano máis cálido ata agora. Calquera experto científico atopa unha relación inmediata co efecto do cambio climático, pero non queremos alarmar a ninguén, iso si, hidratádevos! Que isto é un súa e segue...

FONTE: Grupo Big Vang/Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.