Facebook Twitter Google +1     Admin

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2016

Publicado: 04/10/2016 23:47 por vgomez en NOMES PROPIOS
20161004234153-nobel-fisica-u10107371408mb-620x349-abc.jpg

Galardoados do Premio Nobel de Física / Imaxe: abc.es

O Premio Nobel de Física 2016 foi concedido, ex aequo, a David J. Thouless, por unha banda, e a F. Duncan Haldane M. e J. Michael Kosterlitz, por outra, por revelar os "segredos exóticos da materia". No fallo destácase que o galardón concede a estes tres científicos británicos "polos descubrimentos teóricos das transicións de fase topolóxicas a estados topolóxicos da materia". As transicións de fase suceden cando a materia cambia de estado, como cando o xeo se derrete e convértese en auga ou a auga se evapora.

David J. Thouless (1934-Bearsden, Escocia) Físico de materia condensada e gañador do Premio Wolf. Doutor pola Universidade de Cornell. Profesor de física matemática na Universidade de Birmingham e profesor de física na Universidade de Washington.

Frederick Duncan Michael (1951-Londres) Profesor de Física da Universidade de Princeton en Estados Unidos, e ten unha Cátedra de Investigación Visitante Distinguido no Instituto Perimeter de Física Teórica.

John Michael Kosterlitz (1942-Aberdeen-Escocia) Profesor de física na  Universidade de Brown, investigador visitante na Universidade de Aalto en Finlandia.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.