Facebook Twitter Google +1     Admin

¿Por qué son tan lentos los perezosos?

           Preguiceiro / PIXABAY

Por que son tan lentos os preguiceiros?

Os preguiceiros actuais, de tres dedos (Bradypus, Bradypodidae) e de dous dedos (Choloepus, Megalonychidae), dos que se coñecen máis de 50 xéneros distintos, están adaptados á vida arborícola. A súa fama precédelles, o seu nome é sinónimo de folgazán. No 1749, o naturalista francés Georges Buffon describiuno por primeira vez dicindo: “A lentitude [...] e a estupidez son os resultados desta conformación estraña e errada. Estes preguiceiros son a forma máis baixa de existencia. Un defecto máis lles faría a vida imposible". En realidade, a súa lentitude é a razón da súa supervivencia. Moverse lento significa gastar menos. Á parte, tamén aforran enerxía reducindo a termorregulación. A temperatura media do preguiceiro de tres dedos é de ao redor de 32,7 ºC, a dos seres humanos é de 36,5 ºC. De maneira parecida aos animais de sangue frío, os preguiceiros controlan a temperatura, en parte, grazas ao seu comportamento e ás posicións corporais. As fluctuacións durante o día poden variar ata 10 ºC. Sen depender dunha homotermia total e con movementos parsimoniosos, consomen moi pouco. Teñen o ritmo metabólico máis baixo de entre todos os mamíferos non hibernantes.

Como consecuencia, aos preguiceiros non lles fai falta adquirir moita enerxía. A súa dieta é a base de follas cun nivel calórico moi baixo. Mentres outros pasan horas e horas alimentándose para suplementar esta deficiencia, o preguiceiro non gasta moito tempo niso. Enerxéticamente falando, a procura e obtención de alimento pode chegar a ser contraproducente. Ademais, as súas catro cámaras no estómago adoitan estar sempre cheas. A súa dixestión é extremadamente longa e lenta. Rexistráronse casos de ata 50 días. Aínda que o máis frecuente é que suceda unha vez á semana. Entón, excepcionalmente ante a chamada da natureza, o preguiceiro abandona as árbores para defecar e expulsar o 37% da súa masa corporal. Baixar ao chan é perigoso porque se expón ante os depredadores, pero unha emerxencia é unha emerxencia.

Os seus lentos movementos non lle permiten escaparse ou defenderse ante un depredador, pero axúdanlle a pasar desapercibido. Esta táctica ten outro punto forte. Grazas a unhas algas simbióticas que crecen na súa pelame, poden camuflarse aínda mellor coa contorna. Aos seus depredadores, como os xaguares ou os ocelotes, cústalles distinguir o obxectivo do escenario. A súa discreción e acougo son causa e consecuencia do seu triunfo evolutivo. A maioría de animais perseguen ou foxen na loita pola vida, o preguiceiro tómallo con máis calma.

FONTE: Oscar Cusó/Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.