ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL VI
A contestación á pregunta do día anterior é CHINA.
O Bosque de Pedra ou Shilin está localizado no condado autónomo de Shilin Yi, na República Popular de China. Estas impresionantes formacións de pedra calcaria cobre unha área de 350 quilómetros cadrados e está dividida en sete áreas cubertas do que parecen estalagmitas xigantescas que nos fan lembrar un bosque repleto de árbores de pedra. O Karst de Shilin foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
E agora, a pregunta de hoxe:
Que famosa catarata é a da fotografía?
- As cataratas del Niágara
- As cataratas de Oloupena
- As cataratas Victoria
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios