DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (VI)
Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
A gorila Koko / rtve.es
Mito 6: Os simios poden aprender a linguaxe de signos para comunicarse con humanos
Esta mentira comezou a espertar nos anos oitenta do século pasado, cando algúns investigadores como Allen e Beatrice Gardner, David Prenack ou Duane Rumbaugh publicaron os resultados dos seus respectivos traballos con chimpancés, cos que aseguraban comunicarse usando a linguaxe de signos.
A estrela deste movemento foi Koko, unha gorila adestrada pola psicóloga animal Francine Patterson, de quen a súa coidadora dixo que había aprendido máis de mil palabras da linguaxe de signos americano e que comprendía perfectamente o inglés falado. A noticia espertou tanta atención mediática que quedou pouco sitio para as advertencias dos escépticos.
Algúns divulgadores como Martin Gardner dedicaron ao tema serios artigos de advertencia nos que sinalaban, entre outras cousas, que ningún destes simios iniciou xamais unha conversación; que cando se comunicaban cos seus coidadores, facíano reaccionando aos xestos destes, o cal non indica tanto un dominio da linguaxe como unha resposta aprendida a un sinal concreto, algo para o que os primates son especialmente receptivos.
Tampouco hai constancia de que inventasen ningún signo propio, nin de que transmitisen os seus coñecementos da linguaxe á súa descendencia, dous pasos ineludibles na transmisión dun idioma.
Koko morreu en 2018, e o único que quedou demostrado é que foi unha gorila moi espabilada, aínda que quizá non tanto como a súa adestradora. A teoría dos monos e a linguaxe de signos parece haberse difuminado cos anos nas brumas das pseudociencias. Como sinala o lingüista Noam Chomsky, se os simios puidesen ter unha linguaxe propia, empregaríano no seu hábitat natural; como non o usan, non o teñen.
Continuará!
FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com
0 comentarios