Blogia
vgomez

A VIAXE A PLUTÓN EN 23 SEGUNDOS

 

Seis semanas despois da aproximación da nave New Horizons a Plutón, un científico da NASA resumiu nun vídeo de 23 segundos os momentos álxidos do achegamento ao planeta anano do pasado 14 de xullo. A animación inclúe imaxes reais captadas pola sonda cando se encontraba a 12.500 quilómetros da superficie deste corpo celeste.

Tras completar o seu estudo do sistema de Plutón, a NASA elixiu xa o posible seguinte destino para a nave New Horizons. Segundo sinalou, o seu destino será un pequeno corpo do cinto de Kuiper denominado 2014 MU69. Non obstante, antes de aprobar oficialmente esta extensión da misión, os científicos da NASA terán que facer máis estudos para avaliar se é un obxectivo realista.

O pasado 14 de xullo, a nave espacial foi capaz de tomar imaxes moi nítidas de Plutón e de Caronte, a maior das súas lúas, recollendo máis de 60 xigabits de datos que está a empezar a mandar á Terra para ser analizados polos científicos. 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios