CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (IV)
Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).
Imos coa terceira curiosidade!
3. De onde vén a súa aparencia avermellada?
Todos escoitamos, desde sempre, cualificar a Marte como planeta vermello. Pero, por que motivo? Este alcume fai referencia a que os minerais de ferro do chan ao reaccionar co osíxeno oxídanse, adquirindo esta tonalidade avermellada.
FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios