Blogia
vgomez

ASTRONOMY PHOTOGRAPHE OS THE YEAR 2021

O concurso Insight Investment Astronomy Photographer of the Year do Royal Observatory Greenwich, o maior concurso anual de astrofotógrafos, cumpre o seu decimotercer ano con fascinantes imaxes de planetas distantes ou poderosos paisaxes celestes estelares. Iste ano, o concurso recibiu máis de 4.500 entradas de 75 países de todo o globo.

O concurso está dividido en oito categorías: auroras, galaxias, a nosa Lúa, o noso Sol, xente e espazo, planetas, cometas e asteroides, paisaxes celestiais e estrelas e nebulosas. A estas súmanselle un premio para fotógrafos novos, o premio Annie Maunder para imaxes procesadas con datos preexistentes e o Premio Manju Mehrotra Family Trust para o mellor debutante.

Shuchang Dong foi coroado como o gañador xeral de Fotógrafo de Astronomía do Ano por esta fascinante fotografía, The Golden Ring. A imaxe mostra unha eclipse solar anular tomado na rexión de Ali no Tíbet o 21 de xuño de 2020. "Iste lugar ten un clima asollado durante todo o ano, pero fronte á eclipse anular, vin nubes escuras por todo o ceo", lembra o fotógrafo. "Tivemos sorte. Un minuto despois da eclipse anular, a luz do sol penetrou a través das nubes e logo o Sol foi absorbido polas nubes espesas. Tivemos moita sorte!" Os xuíces eloxiaron a imaxe por combinar a ciencia, a arte e o enxeño tecnolóxico da fotografía astronómica.

Persoalmente, e no resto das categorías, estas son as miñas favoritas: A da esquerda, da categoría de paisaxes, do fotógrafo Jeffrey Lovelace. Foto realizada no Parque Nacional Death Valley, California, EE. UU., 25 de febrero de 2020. A da dereita, na categoría de auroras, do fotógrafo Dmitrii Rybalka. Fotografía tomada na aproximación ao estreito de Kara, Rusia, 30 de noviembre de 2020.

Se queres coñecer o resto das fotografías premidas, preme AQUÍ.

Parabéns!

FONTE: sciencefocus.com e muyinteresante.es

0 comentarios