Facebook Twitter Google +1     Admin

CANTO PLÁSTICO SE RECICLA EN ESPAÑA?

Publicado: 12/12/2016 07:54 por vgomez en ZONA VERDE
20161207183649-reciclaje.contenedores.02.jpg

Ensiando aos máis novos / Imaxe: ecoembes

A reciclaxe de envases de plástico aumentou no noso país, pero a metade destes residuos aínda acaba en vertedoirs.

O ano pasado recicláronse en España 445.051 toneladas de envases plásticos procedentes do consumo doméstico, un 8,3% máis respecto ao ano anterior. Segundo estes datos de Cicloplast, sociedade que integra ás empresas do sector dos plásticos para impulsar a súa xestión ecoeficiente ao final da súa vida útil, cada cidadán reciclou 9,5 quilos de plásticos, case un quilo máis que o ano anterior e sete veces máis que no 2000.

Por comunidades autónomas, obtiveron os mellores resultados en 2015 País Vasco (12 kg/hab), Cataluña (11,5 kg/hab), Comunidade Valenciana (11,1 kg/hab), Andalucía (10,8 kg/hab) e Castela A Mancha (10,6 kg/hab). O dato de Galicia é de 9,8 k/hab.

A reciclaxe destes residuos plásticos non só posibilita un aforro de materias primas, auga ou enerxía, senón tamén evita a emisión á atmosfera de dióxido de carbono (CO2), principal gas implicado no cambio climático. Cos envases reciclados en 2015, segundo datos de Ecoembes, a sociedade que xestiona a recuperación e reciclaxe dos residuos do colector amarelo e azul, aforráronse 4,6 millóns de megawatts hora (Mwh), enerxía coa que un coche eléctrico daría a volta ao mundo 770.000 veces; 24,8 millóns de m3 de auga, coa que se poderían duchar máis de seis millóns de cidadáns todos os días durante un mes; e evitáronse 1,2 millóns de toneladas equivalentes de CO2, similar ao que emiten máis de 500.000 coches.

O crecemento da reciclaxe de envases plásticos é positivo, pero non hai que esquecer que case a metade destes residuos acaba en vertedoiros, segundo datos de Cicloplast. É dicir, que non recuperar estes refugallos leva un importante impacto ambiental e perda de recursos.

Neste sentido, o lixo ten un gran potencial que se desperdicia, como se puido comprobar o mes pasado no barrio barcelonés de Sarrià Vell. A asociación ecoloxista Centre d’Ecologia i Projectes Alternatius (Cepa) analizou varias bolsas de residuos de fracción resto (en teoría lixo que non se pode reciclar) recollidas de forma aleatoria polas súas rúas e descubriu que o 94,2% eran materiais que se podían recuperar e reutilizar. En concreto, o 55,1% en peso eran residuos orgánicos compostables, mentres que un 39,1%, refugallos reciclables ou reutilizables (como os plásticos).

Moito por facer!

FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next