Facebook Twitter Google +1     Admin

A QUENLLA PANTASMA

Publicado: 19/12/2016 18:39 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

A súa cor esbrancuxada e os seus ollos pálidos danlle certamente a aparincia dun espectro mariño, pero está moi vivo. Trátase dun Hydrolagus trolli ou quimera azul, un peixe tan raro que só se coñecía por especímenes mortos que chegan á costa. Estas son as súas primeiras imaxes en mar aberto.

O vídeo tomouse en 2009, pero non se fixo público ata hoxe porque os oceanógrafos do Monterey Bay Aquarium Research Institute tardaron moito tempo en confirmar a especie. De feito, e para non pillarse os dedos, publicaron o nome do peixe como Hydrolagus cf. trolli porque, como explican, só unha análise de ADN permitiría estar seguros ao 100% de que se trata desa especie de quimera e non doutra.

A Quimera Azul é unha especia moi recente. Descubriuna o investigador francés Dominique Didier Dagit en 2002 fronte ás costas de Australia e debe o seu nome ao artista Ray Troll, un gran afeccionado ás quimeras nas súas pinturas. A profundidade á que habita (este espécime gravouse a 1.640 metros de profundidade) e o feito de ser un rápido nadador fano moi difícil de capturar.

Fisicamente, o Hydrolagus trolli ten un fuciño puntiagudo e carece de dentes. Está a metade de camiño entre unha quenlla e unha raia. Con todo, no canto de dentes teñen placas, conservan canles abertas na cabeza e no rostro que lles dá un aparencia de cicatrices cosidas, case como de bonecas de trapo, segundo publica The Guardian. Os machos teñen os órganos sexuais retráctiles e situados na parte frontal da cabeza.

FONTE: es.gizmodo.com

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next