SALVAR A ANGUÍA EUROPEA

Publicado: 29/12/2016 09:38 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

A anguía europea, un animal que colonizou todo o continente, está en perigo crítico de extinción. É unha das especies máis ameazas por factores como a contaminación e a pesca, ao que se une o misterio da súa reprodución.

A Anguilla anguilla, a pesar de desenvolverse en augas doces, atravesa o océano Atlántico entre os meses de outubro e xaneiro para desovar unha única vez na súa vida e nun único lugar do mundo, o Mar dos Sargazos. Macho e femia, ao redor dos 15 anos e entre os meses , inician unha longa viaxe e activan o seu eixo hormonal. Os seus aparellos dixestivos atrófianse para portar o maior número de ovos, entre oito e once millóns, e de esperma. A case total desaparición do estómago e os intestinos carréxalles a morte. Despois as larvas deben afrontar o duro regreso que pode durar dous anos ata volver alcanzar as augas continentais. Hai quen di que regresan ao lugar de onde partiron as súas nais, pero non hai evidencia científica aínda que non o constate. O ciclo vital da anguía ofrece moitas incógnitas.

  

A súa reprodución leva estudándose desde 1935, pero aínda non se conseguiu en catividade. En 2000 iniciouse o proxecto Pro-EEL, financiado pola UE, liderado pola Universidade Técnica de Dinamarca e participado por varias universidades, entre elas a Universidade Politécnica de Valencia (UPV), cuxo principal éxito foi conseguir larvas que só sobreviviron 26 días.

Desde a Fundación Oceanogràfic e a empresa Rara Avis Biotec, en colaboración co Instituto Español Oceanográfico de Murcia e a propia UPV, está a desenvolverse outra vía que aplica métodos similares aos da reprodución asistida en humanos.

Os resultados do proxecto, que aínda están por chegar, poderían garantir a supervivencia dunha especie que está a piques de extinguirse. A pesar da gran cantidade de ovos que pon cada anguía, só o 0,02% ten posibilidades de supervivencia. E as que o conseguen, non todas conseguen reproducirse.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.