Facebook Twitter Google +1     Admin
20170115111242-1484131617-052106-1484139746-noticia-fotograma.jpg

Recreación das distintas capas da Terra:  News Direct / EPV

Hai dous planetas do Sistema Solar ben situados para albergar vida. Un é Marte, polo que sabemos, un deserto ermo. O outro, a Terra. Unha diferenza fundamental entre os dous mundos atópase no seu núcleo. Baixo os nosos pés, a 3.000 quilómetros de profundidade, unha bóla de ferro e níquel funciona como unha dinamo que xera unha barreira magnética ao redor do noso planeta. Ese escudo desvía as partículas de radiación espacial que aniquilarían en pouco tempo á maioría dos seres vivos. Esa radiación é a que fai de Marte unha contorna tan hostil. Aquel planeta tamén contou cun núcleo de ferro, pero perdeuno nos primeiros millóns de anos da súa historia.

Esa parte do noso planeta, tan importante para nós, é, polo menos por agora, inaccesible. É imposible chegar ata esa bóla sólida de 1.200 quilómetros e coñecela require métodos indirectos. Así se sabe que o 85% da súa masa está composta por ferro, que se complementa cun 10% de niquel. O 5% restante é aínda un misterio.

Sen o seu núcleo de ferro, que crea a magnetosfera, a Terra veríase arrasada pola radiación

Esta semana, BBC News publicaba un anuncio no que se afirmaba que esa incógnita pode empezar a resolverse. Eiji Ohtani, da Universidade Tohoku, en Xapón, presentou o ano pasado na reunión de outono da Unión Geofísica Americana un artigo no que expón unha solución ao problema do terceiro elemento maioritario do núcleo.

Para coñecer o que hai no interior da Terra, os científicos analizan as ondas sísmicas que pasan a través desa zona e levan consigo información sobre a súa composición. O equipo xaponés recreou en laboratorio as elevadas temperaturas e presións do centro da Terra e concluíu que o elemento que mellor explicaría o comportamento das ondas sísmicas é o silicio. Cun 27,7% da masa da cortiza terrestre, é o segundo elemento máis abundante despois do osíxeno.

Preguntado por BBC News, Ohtani non descartaba que outros elementos fosen tamén importantes e expuña que será necesario seguir realizando estudos para ter resultados máis concluíntes. Outro dos candidatos para ocupar o lugar do silicio como terceiro elemento ou, polo menos, a completalo, é o osíxeno.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next